Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

O BOP VEN DE PUBLICAR AS BASES DAS SUBVENCIÓNS PARA AS ENTIDADES DEPORTIVAS , TANTO PARA ACTIVIDADES COMO PARA INVESTIMENTOS

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Nas seguintes ligazóns pode accederse aos textos íntegros das bases das subvencións publicados no BOP:

IR Á LIGAZÓN Extracto do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o día 3 de xuño de 2022, polo que se convocan as subvencións destinadas a entidades e asociacións deportivas de ámbito municipal de Cedeira para o ano 2022

IR Á LIGAZÓN Aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións destinadas a entidades e clubs deportivas de ámbito municipal de Cedeira para o ano 2022

IR Á LIGAZÓN Anexo A

IR Á LIGAZÓN Anexo B

IR Á LIGAZÓN Anexo C +D

IR Á LIGAZÓN Anexo E

 

 

 

O CONCELLO RENOVA O PECHE PERIMETRAL DO PARQUE INFANTIL DA PRAZA DO FLOREAL

O goberno municipal de Cedeira realizou recentemente a obra de substitución do peche perimetral do parque infantil de xogos da praza do Floreal. O anterior, de madeira, estaba bastante deteriorado, con listóns que faltaban e outros afectados pola humidade ou rotos. O Concello instalou unha nova balaustrada de baixa altura como a que existía, pero desta volta metálica e máis duradeira, cumprindo con todas as medidas de seguridade que esixe un espazo destinado ás crianzas.

A obra foi contratada á empresa OMIP por un presuposto de 10.230€ (IVE incluído), por presentar a oferta máis vantaxosa entre as ofertas solicitadas. Cómpre recordar que o Concello de Cedeira ten en proxecto a cubrición do parque infantil do Floreal cunha estrutura que permita ás familias aproveitar este espazo público tamén en días de choiva, unha actuación valorada en máis de 70.000€ e que se prevé financiar con cargo ao Plan Complementario da Deputación da Coruña.

Por outra banda, e tamén na liña de poder darlle máis uso, os orzamentos participativos deste ano irán destinados a dotar de máis iluminación e pintura antideslizante á cancha de xogo que está tamén na praza de Floreal. Foi a decisión adoptada polo alumnado de 3º da ESO do IES Punta Candieira, que debatiu e votou diferentes propostas para decidir o destino de 20.000€ do presuposto municipal.

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE VERÁN AO AIRE LIBRE 2022

Ata o 19 de xuño atópase aberto o prazo de preinscrición para as actividades ao aire libre de verán 2022.

As prazas cubriranse por riguroso orde de preinscrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 22 e o 26 de xuño e o inicio das actividades serán o 1 de xullo.

As actividades que se ofertan son:

Adult@s e nen@s

  • Tenis
  • Padel
  • Padel Surf
  • Kayak

Recomendase a preincrición a través de:
teléfono 981 482 633
Correo: polideportivocedeira@gmail.com