BASES “TAPAS DE OUTONO 2023”
O Concello de Cedeira, pon en marcha oconcurso de Tapas de Outono 2023 como ven facendo dende o 2018, co fin dunha promoción dos produtos propios de tempada e sendo o concurso un incentivo para atraer ao conxunto da comarca á vila nestas datas.
Para a participación neste concurso deberán cumprirse os seguintes requisitos:
- Presentar por local unha tapa realizada expresamente para o concurso
- Servir a tapa os días 3,4 e 5 de Novembro(Venres á noite, Sábado e Domingo ao mediodía)
- O prezo da tapa será de 2´5euros.
- Introducir na tapa de forma obrigatoria 2 dos 4 ingredientes seguintes:cabaza, calabacín, castaña e setas.
O xurado do concurso estará formado polas persoas que proben as diferentes tapas.
Para poder participar como xurado, é preciso cubrir a tarxeta de votación que se poderá conseguir en calquera dos locais participantes durante os días do concurso. É obrigatorio probar 5 tapas distintas para poder emitir o voto. Cada local selará ou asinará a tarxeta de votación para validala.
Unha vez reunido un mínimo de 5 selos ou sinaturas poderase proceder á votación. Recoméndase probar todas as tapas e conseguir todos os selos, máis só será posible votar por 3 locais visitados. Outorgarase a cada local unha valoración de 1 ao 3, sen repetir valoración e sendo 3 a máxima puntuación. Só se admitirá unha tarxeta porpersoa e só se admitiránaquelas tarxetas que cumpran os requisitos anteriormente comentados.Unha vez cuberta a tarxeta, poderá depositarse en calquera das caixas de votación distribuídas nos locais participantes.
As persoas que participen cun voto válido serán incluídas no sorteo dunha cea para 2 persoas no local gañador do concurso.
O local gañador será o que maior número de votos reciba na suma total, en caso de empate, valorarase o que obteña maior número de 3 na votación.
Para apuntarse ao concurso comunicarse a través dos seguintes contactos, antes do 20 de Outubro:
Teléfono: 697479710 (telefónica ou a través de Whatsapp)
Correo electrónico: noel.lopez@cedeira.gal