Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O AUDITORIO MUNICIPAL RECIBIRÁ O DÍA 13 O ESPECTÁCULO DE DANZA CONTEMPORÁNEA “PLASTIC”

O Auditorio de Cedeira acollerá o vindeiro día 13 o espectáculo de danza contemporánea “Plastic”, da compañía TrasPediante. O público interesado pode reservar as súas entradas con antelación, a partir de hoxe, a través de correo electrónico ou Whatsapp. A función será ás 20.00 horas e o prezo das localidades é de 2,5€.

“Plastic” xurde do interés da creadora e bailarina Paula Quintas, anteriomente máis vencellada ao mundo do circo e a danza, de darlle un xiro á súa carreira artística a través desta reflexión acerca da estética e o trasfondo ideolóxico das “Barbies”, un modelo de muller perfecta. O espectáculo, dirixido por Rut Balbis, fala da importancia que a sociedade actual lle dá ao exterior, ao contedor en lugar de ao contido.

A función vai dirixida a un público adulto. A partir de hoxe poden reservarse as entradas, dirixindo un correo electrónico a enrique.vazquez@cedeira.gal ou ben enviando un whatsapp ao número 649876614 eb horario de 09.00 a 14.00horas. Haberá que indicar o nome das persoas que asistirán e facilitar un número de teléfono de contacto.

A vindeira función será o 20 de marzo e irá dirixida ao público máis pequeno. “Brilla Brilla” é o título do espectáculo que visitará Cedeira da man da compañía Trémola e que se define como “teatro sensorial” para idades temperás entre os cero e os catro anos.