Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) acorda o mantemento da vixencia das medidas preventivas adoptadas

O Centro de Coordinación Operativa (Cecop), na súa reunión do 30 de marzo de 2020, adoptou o acordo de manter a vixencia das medidas preventivas adoptadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de saúde pública, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, mentres estea vixente a declaración do estado de alarma efectuada polo Goberno do Estado e a situación de emerxencia sanitaria.

Así mesmo, dispúxose:

  • A continuación de determinados procedementos administrativos de contratación da Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica. sen prexuízo da competencia dos distintos órganos de contratación para apreciar en cada caso as circunstancias concorrentes, tendo en conta o carácter transversal dos servizos que presta a Amtega á Administración autonómica e ao seu sector público e a natureza necesaria para o funcionamento da administración dos contratos a que se refire, toma razón da lista de procedementos de contratación cuxa tramitación debe continuar, de acordo coa xustificación que se recolle na resolución ditada pola Dirección da Amtega, por consideralos indispensables para o funcionamento básico dos servizos.
  • Aprobáronse tamén as directrices sobre modalidades de pagamento dos contratos que teñan por obxecto a adquisición de material destinado a atender as necesidades derivadas da crise sanitaria provocada polo COVID-19 que se deban concertar con provedores no estranxeiro.
  • Bolsas de agarda de emprego temporal ou interino.
  • Medidas extraordinarias en materia de vivenda.
  • Creación do comité de Fabricación de Emerxencia Sanitaria.
  • Aprobación do protocolo de actuación que hai que seguir para a adopción, como medida excepcional, da realización de servizos asistenciais en centros residenciais para facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
  • Acordo sobre a realización de funcións do persoal do Servizo de Incendios como servizo de asistencia á emerxencia no rural en concellos de menos de 5.000 habitantes.
  • Acordo sobre o carácter esencial das funcións do persoal que presta servizos de loxística, distribución e transporte de equipamentos de protección individual e material sanitario e/ou sociosanitario.
  • Proposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria sobre modificación das bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 28, do 11 de febreiro de 2020).
  • Acordo en relación co informe sobre as medidas adoptadas para habilitar solucións de aloxamento para as persoas e coletivos afectados polo peche de establecementos turísticos.

Pode accederse ao texto íntegro dos acordos do Cecop na seguinte ligazón

IR Á LIGAZÓN Acordos Centro de Coordinación Operativa (Cecop) 30 de marzo de 2020