Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Auditorio de Cedeira acollerá esta fin de semana concertos de fin de ano e de música inclusiva

O AUDITORIO DE CEDEIRA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA CONCERTOS DE FIN DE ANO E DE MÚSICA INCLUSIVA

Fin de semana cultural no concello de Cedeira da man da programación de Nadal. Así, o venres día 28 o auditorio municipal acollerá o concerto de Fin de Ano protagonizado pola banda Vila de Cedeira, mentres que o sábado día 29 haberá un concerto de músicas inclusivas e participativas sobre ese mesmo escenario.

A primeira das citas dará comezo ás 20.00 horas e a segunda será pola mañá, ás 12.00 horas. Sobre esta última cabe apuntar que se trata dunha terapia musical na que tomará parte o alumnado de Aspromor, Apader e Aprom que, coa axuda da banda local, crearán un espectáculo ecléctico no que se pode apreciar a excelencia, a beleza e a diversidade da música.