Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PARTICIPACION

O Concello inicia a aprobación da modificación da ordenanza de lixo

O CONCELLO INICIA A APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE LIXO

Na Comisión informativa de Plenos do día 25 de novembro preséntase para o seu ditame o texto da modificación da Ordenanza Fiscal Nº 2.11, reguladora da Taxa pola prestación do servicio de recollida de residuos. No caso de ser ditaminada favorablemente, a ordenanza pasará a aprobación inicial no Pleno deste mesmo mes de novembro.

Nas seguintes ligazóns, pode consultarse o texto proposto para a nova redacción desta ordenanza:

VER PDF Proposta ordenanza Residuos


DESCARGA WORD Proposta ordenanza Residuos

O Concello inicia a aprobación da ordenanza de Cemiterios

O CONCELLO INICIA A APROBACIÓN DA ORDENANZA DE CEMITERIOS

O próximo día 25 de novembro lévase á Comisión informativa de Plenos a aprobación inicial a Ordenanza Fiscal Nº 2.5 reguladora da taxa do Cemiterio Municipal. No caso de ser ditaminada favorablemente, a ordenanza pasará a aprobación inicial no Pleno deste mesmo mes de novembro.

Para darlle a máxima difusión a dita proposta, pode consultarse o texto da ordenanza nas seguintes ligazóns


VER PDF Proposta ordenanza Cemiterio


DESCARGA WORD Proposta ordenanza Cemiterio

O Concello de Cedeira informa da orde do día da comisión informativa de Pleno

O CONCELLO DE CEDEIRA INFORMA DA ORDE DO DÍA DA COMISIÓN INFORMATIVA DE PLENO

O próximo día 25 de novembro ás 9.30h celebrarase na Casa do Concello a comisión informativa previa á celebración do pleno ordinario do mes de novembro.

En dita comisión, ditaminaranse por parte dos grupos municipais asuntos como a ordenanza municipal reguladora da taxa por cemiterios ou a do servizo de recollida de residuos, así como unha moción contra a violencia de xénero, ente outros.

Na seguinte ligazón pode consultar a orde do día de dita comisión:

IR Á LIGAZÓN Convocatoria Comisión informativa de Plenos 25 de novembro de 2016