Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

VOLVE O MERCADILLO SEMANAL DOS SÁBADOS A CEDEIRA

O mercadillo semanal de Cedeira volve mañá, e cada sábado a partir de agora, despois de que os responsables municipais estableceran, nunha reunión coa Policía Local e os vendedores, as disposicións necesarias para garantir que a xente pode circular sen aglomeracións. Así, e segundo informou o concelleiro Manuel Pérez Riola, desta volta haberá unha única liña de postos de venda ao longo do paseo ao lado do río Condomiñas, na que estará exclusivamente os operadores que teñan entregado no Concello a documentación pertinente.

A nova ordenación procura que exista o espazo suficiente, ao longo do mercadillo, para que o público poida circular sen aglomeracións e se manteñan, así, as normas de prevención da covid. Os vendedores terán de oito da mañá a dez para montar os postos, e despois abrirá o mercadillo, que adoita funcionar ata pasadas as dúas da tarde e abrangue a venda de produtos de alimentación, plantas e textil.