Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

VISITA A CEDEIRA E A SÚA CONTORNA DE REPRESENTANTES DO CONCELLO DE PÁJARA E DO CABILDO DE FUERTEVENTURA

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, xunto co seu equipo de goberno, recibe este luns 19 de abril a autoridades locais do Ayuntamiento de Pájara e a un representante do Cabildo de Fuerteventura, no marco dunha visita á vila. O obxecto da visita é intercambiar experiencias na xestión municipal e Cedeira é, xunto ao concello de Valdoviño tamén na zona, dous dos municipios escollidos polos representantes canarios dentro da súa estancia en Galicia. A interese por visitar Cedeira é a súa actividade vencellada ao mar, as festas tradicionais e a cultura mariñeira da vila.

Así, Moreda Gil acompañará na visitar por diferentes puntos da vila ao alcalde do Ayuntamiento de Pájara, Pedro Armas Romero, ao concelleiro de Tráfico, Policía e Praias, Raimundo Dacosta Calviño, e ao secretario do Cabildo Insular de Fuerteventura, Miguel Ángel Rodríguez Martínez. A xornada comezará coa recepción do alcalde aos representantes canarios no Palacete Municipal de Cedeira, onde se detallarán os puntos de interese que une a ambos concellos.

O Ayuntamiento de Pájara está interesado na festa da rapa das bestas, a historia e tradición de San André de Teixido, a pesca e marisqueo da vila mariñeira. Pola súa parte, a Cedeira interésalle coñecer en detalle as actuacións medioambientais que se levan a cabo a nivel local e insular naquel municipio canario, como son os programas de educación e divulgación ambiental e a xestión de parques naturais de interese xeolóxico, así como o proxecto de xestión do banco de terras. Esta sesión da maña, continuará coa visita á Serra da Capelada, San Andrés de Teixido e os acantilados de Herbeira. Alí poderán falar con Jorge Bellón, presidente da Asociación San Andrés de Teixido Eventos, sobre a tradición da Rapa das Bestas, e a historia que envolve o santuario de Teixido.

Á tarde, a xornada seguirá polo centro da vila, onde se visitará o Museo Mares de Cedeira para coñecer a historia e patrimonio mariñeiro. Posteriormente farase unha visita á Confradía, onde tomarán contacto con representantes da entidade que lles falarán das tradicionais artes de pesca utilizadas, o tipo de especies capturadas, etc. E a visita rematará na lonxa de Cedeira, onde verán a puxa do pescado e o seu funcionamento.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA