ALTA/BAIXA EN AUGA, LIXO E SUMIDOIROS
O Concello de Cedeira ten delegada a xestión do servizo de auga e sumidoiros na empresa Viaqua. Do servizo de recollida de lixo encárgase a empresa Servizo dos concellos galegos.
Para realizar calquera xestión ou trámite ao respecto do servizo de auga e sumidoiros (distribución de auga, acometidas á rede, saneamento, depuración, conservación e mantemento), existen diversas canles de comunicación:
Rúa Eduardo Pondal 6, baixo.
Atención presencial de luns a venres, de 9.00 h a 11.00 h.
Atención telefónica: 900 201 230 (de luns a venres, de 8.00 h a 21.00 h).
Incidencias: 900 201 250 (24 horas).
Pódense realizar todos os trámites derivados do pagamento destes servizos a través da páxina web, á que se pode acceder a través da seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Trámites para o servizo de auga a través de Viaqua
A recollida do lixo realízase todos os días entre as 05.00 h e as 12.00 h.
A limpeza viaria no casco urbano realízase todos os días entre as 6.00 h e as 12.00 h (agás o luns, que ten un horario ampliado ata as 13.30 h).
Para realizar calquera consulta, ponse a disposición un teléfono de atención á veciñanza.
605 028 892
Toda a información sobre o punto limpo e a recollida de residuos voluminosos ou perigosos está dispoñible na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN servizo de recollida de enseres
As xestións de alta, baixa e modificación de datos nos recibos deben realizarse no Concello. Os trámites derivados do pagamento da taxa de lixo pódense facer a través da páxina web do servizo de recadación da Deputación da Coruña.
IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña
Calquera dúbida debe dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: