ESTRUTURA DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS, MANTEMENTO E OBRAS
O departamento de Servizos, Mantemento e Obras do Concello de Cedeira atópase na Casa do Concello (rúa Real 15) e está dirixido polo concelleiro Manuel Pérez Riola.
Desde este departamento xestiónanse todos os asuntos relativos ás obras licitadas polo Concello, a conservación e mantemento de infraestruturas municipais (edificios, vías públicas, alumeado, parques e xardíns etc.) e a xestión municipal dos servizos de auga, lixo e sumidoiros. Outra das tarefas encargadas a este departamento é a da coordinación dos traballos de competencia municipal encamiñados á prevención incendios.