Samaín 2018
SAMAÍN 2018 PROGRAMA
Benvidos e benvidas á celebracion do XXIX Samaín. Outro ano máis estamos felices de compartir con vós esta tradición tan especial na nosa vila. Estas son as actividades que propoñemos para os próximos días. Agardámosvos!.
PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN
29, 30, 31 de outubro
A Anpa Picapeixe e o Colexio Nicolás do Río abren as súas portas ao novo Samaín deste ano. Durante o luns, martes e mércores realizarán obradoiros e actividades para empezar a preparar a nosa festa e que sexa tan lucida coma sempre.
Patio do Colexio. 18:00 – 20:00 h
Obradoiros
ESCAPE ROOM
Como podemos escapar dunha habitación pechada resolvendo enigmas?
Sesións de mañá e tarde desde o 30 de outubro ata o 3 de novembro . Duración 45 min.
Xa está aberto o prazo para os equipos que queiran apuntarse neste novo xogo para adultos a través do email amigosdesamain@gmail.com. É preciso indicar un teléfono de contacto. Os equipos deben ter un mínimo de 3 persoas e un máximo de 5.
As prazas son limitadas, así que apuntádevos canto antes.
VÉSPERA DE SAMAÍN
VENRES 2 DE NOVEMBRO
Nas carpas do Paseo da Mariña
18:00 Obradoiro de zonchos e Obradoiro de pintura
20:00 Actuación de Paco Nogueira co espectáculo Bule, Bule
SÁBADO 3 DE NOVEMBRO
Nas carpas do Paseo da Mariña
Pola mañá:
- Organización e preparación da festa
- Decoración do paseo
- Inscrición dos grupos da Gimkana (12:30 e 13:30 h)
Pola tarde:
- 17:00 Recollida e inscricións para o concurso de melóns tallados
- 17:00 Merendola de outono, requeixo con mel e bola de azucre
- 17:00 Inicio da Gimkana infantil
- 17:30 Obradoiro de maquillaxe
- 20:00 Pasarrúas pola Vila Vella
- 20:30 Entrega de premios para as mellores cabazas presentadas e para os gañadores da Gimkana Infantil
E PARA REMATAR…
Domingo 4 de novembro no Auditorio Municipal. 18:00 h.
Patapatum
Representación infantil realizada pola compañía Elefante Elegante. Rede Galega de Teatros e Auditorios. Entrada: 2,5 €
Organiza: Concello de Cedeira
Colaboran: Asociación Amigos de Samaín, ANPA Picapeixe do CEIP Nicolás del Río, CEIP Nicolás del Río, Deputación da Coruña, AGADIC, Veciños e Veciñas de Cedeira.