Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PUBLICADAS AS BASES DE SELECCIÓN DO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2021 DO CONCELLO DE CEDEIRA

Este campamento de verán ten a finalidade de facilitar unha alternativa de ocio para as nenas e nenos promovendo así a conciliación familiar durante os meses de vacacións estivais.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 14 de xuño incluído, que son 10 días hábiles a contar a partires do día seguinte ao da publicación das presentes bases no taboleiro de anuncios dixital.

As solicitudes deberán ser asinadas polo pai, nai ou titor legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou polos medios establecidos no artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No suposto de que se presente solicitude no Rexistro do Concello de xeito presencial debe solicitarse cita previa

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro das bases, descargar a ficha de inscrición e o modelo de autoliquidación:

DESCARGAR PDF Bases de selección do campamento urbano de verán 2021 do Concello de Cedeira

DESCARGA PDF Modelo de autoliquidación de precio público campamento urbano

DESCARGA PDF Ficha de inscrición campamento urbano