PRESENTACIÓN DE RECURSO ADMINISTRATIVO DEPORTES
Calquera persoa interesada poderá prensentar recurso contra os actos administrativos ditados polo Concello, sempre que o faga cumprindo as condicións e os prazos que marca o acto/procedemento obxecto do recurso.
Contra os actos administrativos e resolutivos deste departamento, poden presentar dous tipos de recursos:
- Recurso de alzada:
Poderase interpoñer recurso de alzada contra calquera acto ou resolución que non poña fin á vía administrativa.
Prazo máximo de presentación: un mes desde que o Concello informe da resolución.
Prazo máximo de resolución: tres meses desde a presentación do recurso.
- Recurso de reposición:
Poderase interpoñer recurso de reposición contra calquera acto ou resolución que poña fin á vía administrativa
Prazo máximo de presentación: un mes desde que o Concello informe da resolución.
Prazo máximo de resolución: un mes desde a presentación do recurso.
Todos os recursos que se interpoñan no Concello deberán incorporar, como mínimo, a seguinte información:
- Identificación persoal.
- Acto que se recorre e a razón da súa impugnación.
- Lugar, data, sinatura, identificación do medio e do lugar que se sinale a efectos de notificación.
- Órgano administrativo ao que se dirixe.
- Particularidades esixidas por disposicións específicas.
O erro na cualificación do recurso por parte da persoa recurrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que poida deducirse o seu verdadeiro carácter.
Todas as resolucións que son comunicadas por parte do Concello as persoas interesadas incorporan no propio texto da resolución os prazos e as condicións para interpoñer recurso de reposición ou de alzada contra o acto administrativo comunicado.
Na seguinte ligazón pódese descargar o formulario dispoñible no Concello para a presentación de recursos de alzada e reposición:
VER PDF Instancia para presentación de recurso de alzada ou reposición
Nas seguintes ligazóns pódense consultar as leis que regulan os recursos de reposición e alzada no ámbito da administración local: