Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

ESTRUTURA DO DEPARTAMENTO DE DEPORTES E PRAIAS

O departamento de Deportes e Praias do Concello de Cedeira atópase no polideportivo municipal (avenida de España s/n) e está dirixido polo concelleiro-delegado Jesús Romero Carracelas.

Desde este departamento xestiónanse as instalacións deportivas municipais, as actividades deportivas nas que o Concello participa como organizador ou colaborador e a cooperación coas asociacións deportivas cedeiresas.

Así mesmo, este é o departamento encargado da xestión dos areais municipais.