O Concello de Cedeira organiza o desfile de Entroido 2023 o sábado 18 de febreiro.
Para fomentar a participación convócase un ano mais o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:
PRIMEIRA. Para participar e optar aos premios é imprescindible cubrir a solicitude de inscrición e presentala no Rexistro do Concello (horario de 9:00 h. a 14:00 h.), ata o día 16 de febreiro de 2023 (hora límite – 14:00 h.). A persoa que actúe como representante será a que asine a solicitude de participación e deberá acompañar a fotocopia do seu DNI/NIE/Pasaporte. O/a representante asumirá todas as responsabilidades do beneficiario/a do premio, incluídas as obrigas fiscais. De depender a comparsa ou grupo dunha persoa xurídica a inscrición realizarase a través da sede electrónica do concello cubrindo unha instancia xeral e especificando nela a categoría na que se
concursa, así como achegarase un documento polo que se autoriza á representación á persoa que presenta a instancia.
SEGUNDA. Modalidades:
– Comparsa: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo.
– Grupos: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 3 e 8 (ambos incluídos) compoñentes representando un mesmo motivo.
– Parellas/Individuais
As comparsas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, plataforma…). A altura máxima para poder acceder ao recinto será de 2,7 m.
A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría.
TERCEIRA. Establécense os seguintes premios:
Comparsas Grupos Parellas
1º: 600 € 1º: 300 € 1º: 50 €
2º: 400 € 2º: 250 € 2º: 40 €
3º: 300 € 3º: 200 € 3º: 30 €
CUARTA. A clasificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso. O xurado será designado polo Concello de Cedeira e quedará constituído por representantes municipais, de entidades culturais e sociais ou outras persoas de recoñecida capacidade .
QUINTA. Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará:
Categoría Comparsas e Grupos
– Vestiario e maquillaxe 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos
– Orixinalidade 0 a 3 puntos
– Móbil acompañando á comparsa 0 a 4 puntos
– Coreografía e música 0 a 3 puntos
– Simpatía 0 a 5 puntos
Categoría parellas e individual:
– Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos
– Maquillaxe 0 a 3 puntos
– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos
SÉXTA. Os grupos e persoas participantes deberán presentarse na Praza Roxa ás 17:00h. do día 18 de febreiro e levar a cabo o percorrido marcado pola organización con remate no polideportivo. No suposto de non poder facerse o desfile por cuestións meteorolóxicas, os/as participantes irán directamente ao Polideportivo onde se fará un desfile polo interior do mesmo. Os grupos que queiran poderán facer algunha actuación ou baile á chegada ao polideportivo. Esta actividade, deberán comunicala no momento da inscrición, tendo en conta que deberán entregar a música en formato mp3, nunha memoria externa, como máximo o día 16 de febreiro no concello. Aqueles grupos que non comuniquen esta actuación, ou que tendo comunicada a mesma non entregaran a música en prazo, non poderán utilizar o equipamento acústico habilitado para o evento.
OITAVA. A orde de saída no desfile será designado pola organización, atendendo a cuestións como levar música soando na carroza ou ter previsto facer parada de baile…
NOVENA. A entrega dos diplomas acreditativos de premios terá lugar, unha vez remate o desfile e actuacións dos distintos participantes, no polideportivo logo da avaliación polo Xurado. A información sobre a concesión de premios será publicada na páxina web do concello.
DÉCIMA. Os/as premiados/as deberán solicitar o pago do mesmo mediante transferencia bancaria, a partir do luns 27 de febreiro, no rexistro do Concello de Cedeira, polo seguinte procedemento:
– Solicitude de cobro do premio no rexistro do concello, cunha solicitude xeral e aportando un certificado dun número de conta onde figure como titular a persoa que inscribiu a comparsa, grupo, parella ou concursante individual.
UNDÉCIMA. Os presentes premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.
DUODÉCIMA. A decisión do xurado será inapelable O xurado do concurso terá a competencia de resolver
calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.
DÉCIMO TERCEIRA. A participación no Concurso de Disfraces supón a total e plena aceptación destas bases.
DÉCIMO CUARTA. Estas bases sairán publicadas ao día seguinte da súa aprobación. Estarán dispoñibles para o seu acceso dixital na web do concello e de forma física no taboleiro de anuncios das oficinas xerais e na Oficina de Turismo municipal. Así mesmo dárase publicidade da súa publicación a través do servizo municipal de información de whatsapp “Cedeira informa”, do perfil de Facebook do concello e na cartelería das festas de entroido.
Descarga na seguinte ligazón as bases: