Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

OBRAS DE ADECUACIÓN DO PAVIMENTO DE DIANTE DO ANTIGO ESCOLAR DE SAN ROMÁN

O Concello de Cedeira está a realizar unhas obras de mellora do pavimento na parte de diante do antigo escolar de San Román, un espazo que é utilizado pola rapazada para xogar e tamén pola veciñanza para estacionar os seus vehículos cando no edificio se desenvolve algunha actividade. Segundo explicou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, o chan estaba xa bastante deteriorado e esta intervención serve para arranxalo e darlle tamén unha solución máis duradeira.

As obras teñen un orzamento de 17.897’99€ (IVE incluído) e están a ser executadas pola empresa Yáñez Vega. Consisten no levantamento do pavimento actual e a colocación doutro de formigón semipulido, previa colocación dun mallazo de 5mm.

A superficie quedará lista en breve, informou o alcalde, para utilizar de novo a canastra de baloncesto, así como para os outros usos habituais deste punto de encontro da parroquia de San Román de Montoxo.