Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O ESCOLAR DE SISALDE ACOLLE ESTE SÁBADO A PRIMEIRA CITA DUN NOVO CICLO “CANTOS E CONTOS AO SOLPOR”

O Concello de Cedeira abre este sábado, día 3 de setembro, unha nova edición do programa cultural “Cantos e contos ao solpor”, un ciclo que viaxa polas diferentes parroquias e que é xa todo un clásico na localidade para pasar páxina do verán e recibir o outono da man do teatro, a música e as historias populares. A Asociación Galega de Regueifeiros protagonizará a primeira sesión, que terá lugar no escolar de Sisalde, na parroquia de Esteiro, ás 20.00 horas.

O ciclo terá continuidade os días 10 en Santalla, co espectáculo “Ben Querer(se); o día 17 de setembro en San Román, ”coa actuación do contacontos Celso Sanmartín, e o 24, cunha última función que terá lugar na praza do Concello e que leva por título “Con area cousas conto”.

“Dido e Eneas”

Por outra banda, cómpre recordar que tamén mañá sábado o Auditorio de Cedeira acolle tamén o sábado as dúas funcións da estrea da peza lírica “Dido e Eneas”, produción saída da primeira edición da Ópera Studio. Serán ás 18.00 e as 21.30 horas, e o Concello vén de habilitar uns formularios para que as persoas interesadas en asistir poidan facer a reserva da entrada en liña e de xeito gratuíto.

Reserva de entradas para as 18.00h:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd2cSG2WQykWLYqU_gqiKEHe7VVeCgKNVQ7W3qsTFBDR9h5_g/viewform?usp=sf_link
Reserva de entradas para as 21.30h:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeFUxfCwrRX2i0rj0XNV-uA7LeC-ZwHidKA8Dfr7qa8Ax0DzA/viewform