O CONCELLO DESENVOLVE ATA O VENRES A “SEMANA INFANTIL” CON MAÑÁS DE XOGOS PARA NENOS E NENAS
O Concello de Cedeira inaugura hoxe a súa Semana Infantil, unha proposta xa clásica para as familias no verán da vila, coa que se quere promover o xogo ao aire libre, a convivencia de nenos e nenas e mesmo a aprendizaxe daqueles xogos de sempre que hoxe están un pouco esquecidos. A praza Roxa será o lugar de encontro, desde hoxe ata o venres, sempre ás 11.00h, e as propostas moi variadas, para rapaces e rapazas de ata 14 anos. Haberá monitores organizando as actividades.
A xornada de hoxe estará adicada aos “xogos atléticos”, entre os que estarán as carreiras de velocidade, de resistencia e de relevos.
Para mañá martes están programados os “xogos dos avós”, como o pano, as cadeiras…
O mércores chegan as “carreiras do humor”, como son a do ovo e a culler, a de sacos e o tiro de corda.
Na mañá do xoves as actividades trasládanse á praia da Madalena, onde terá lugar o concurso de castelos de área.
O venres, por último, haberá unha carreira popular.