Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello de Cedeira favorece o coñecemento da Lingua Galega

O CONCELLO DE CEDEIRA FAVORECE O COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cedeira ofrece cursos gratuítos preparatorios para as probas do CELGA 2 e 4.

O CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Estrutúrase en cinco niveis e permite acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego para xustificar méritos ou cumprir requisitos laborais e académicos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar unha convocatoria extraordinaria de probas para a obtención dos CELGA 2 e 4. Realizaranse en Santiago de Compostela entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro (as datas concretas serán debidamente publicadas no DOG). O prazo de inscrición comezou o día 15 de setembro e remata o 4 de outubro.

Por mor deste anuncio, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cedeira vai ofrecer cursos preparatorios para a obtención destes certificados de competencia en lingua galega. As persoas interesadas en recibir esta formación deben escribir ao seguinte enderezo electrónico: normalizacion@cedeira.es .