O COMITÉ CIENTÍFICO DO XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO CABO ORTEGAL CELEBRA A SÚA PRIMEIRA REUNIÓN PRESENCIAL EN CEDEIRA
O xoves 11 de abril tivo lugar a súa primeira xuntanza de forma presencial dende a súa constitución. Ademais da reunión, os e as compoñentes do Comité tiveron a oportunidade de visitar varios dos emprazamentos máis importantes do Xeoparque.
A xornada deu comezo ás 9:00 da mañá, coa recepción institucional por parte da asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal no auditorio municipal de Cedeira.
A continuación, tras unha breve contextualización do estado actual do proxecto, deron comezo varias presentacións levadas a cabo por algúns dos membros do Comité. A primeira, titulada “O Xeoparque Cabo Ortegal: Unha viaxe ao Interior da Terra” correu a cargo do catedrático e doutor en Petroloxía e Geoquímica Ricardo Arenas, investigador asociado ó Instituto de Geociencias (IGEO, CSIC-UCM) e investigador dende fai décadas do Complexo do Cabo Ortegal. A continuación, Luís Somoza Losada, xeólogo mariño, investigador do Instituto Geológico y Minero de España (IGME) e coordinador científico técnico para a ampliación da Plataforma Continental Española, falou sobre o “Entorno xeolóxico mariño do Xeoparque Cabo Ortegal”, aportando ademáis varias propostas para levar a cabo no territorio. O coruñés Antonio Sandoval, escritor, comunicador ambiental e ornitólogo presentou as “Oportunidades para o turismo ornitolóxico no Geoparque Cabo Ortegal”, mostra da súa experiencia na posta en marcha de proxectos de educación e interpretación ambiental e turismo ornitolóxico e de natureza. A rolda de presentacións finalizou da man de Manolo González e o “Patrimonio audiovisual na Serra do Forgoselo”. Creador e director da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e da Axencia Audiovisual Galega ata 2009, impulsou diversos proxectos audiovisuais no territorio, coordinando na actualidade o encontro de cineastas ChanfainaLab en San Sadurniño dende o ano 2014.
A continuación, tivo lugar a reunión asamblearia do Comité, onde se discutiron, entre otras cuestións, aspectos organizativos e propostas de traballos científicos no territorio. Xa pola tarde, o grupo tivo a oportunidade de visitar varios lugares do Xeoparque, con paradas no Miradoiro dos Carrís, co seu destacado conxunto de rochas granulíticas e espectaculares vistas, Vixía de Herbeira e San Andrés de Teixido, donde os recibiu Jorge Bellón, artisán especializado na fabricación dos famosos “sanandresiños” e presidente da Asociación San Andrés de Teixido Eventos, organizadores da Rapa da Capelada. Como broche final, o Cabo Ortegal recibiu a toda a comitiva ó luscofusco, onde se deu por concluida esta fructífera xornada.
Compoñentes do Comité Cientifico do Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal
- Ana Jesús López Díaz, titular da Universidade EPEF-Campus Industrial de Ferrol Universidade da Coruña, secretaria general da Real Sociedad Española de Física, vicepresidenta del Grupo Especializado de Mujeres en Física
- Antonio García Allut, antropólogo aocial, profesor titular da UDC. Especialidade en Patrimonio Cultural, gobernanza, antropología ambiental, poboacións de pescadores.
- Antonio Sandoval Rey, ornitólogo, escritor e divulgador ambiental.
- Artur Agostinho Sá, especialista en bioestratigrafía e Xeoparques Mundiais da UNESCO.
- Augusto Pérez Alberti, USC, departamento de edafoloxía e química agrícola, especialista en xeomorfoloxía
- Eva Parga Dans, Instituto de Productos Naturales y Agrobiología (IPNA-CSIC), especialidade en sociología do patrimonio cultural.
- Felipe Criado-Boado, Instituto de Ciencias del Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (INCIPIT-CSIC), especialidade en arqueoloxía da paisaxe.
- Felipe Macías Vázquez, USC, Laboratorio de Tecnología Ambiental. Instituto CRETUS.
- Irene Novo Fernández, Universidad Complutense de Madrid, Petrología y Geoquímica.
- Jorge Mira Pérez, Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en Física e divulgación científica.
- José Antonio Cortés Vázquez, UDC, especialidade en antropoloxía e socioloxía ambiental e do patrimonio.
- José Ignacio Gil Ibarguchi, Universidad Complutense de Madrid, Universidad del País Vasco, departamento de Mineralogía y Petrología.
- Juana Vegas Salamanca, Jefa de Área de Patrimonio Geológico y Minero, Doctora en Ciencias Geológicas por la Universidad Complutense de Madrid.
- Luís Somoza Losada, Instituto Geológico y Minero, Geología aplicada a los recursos marinos y de Medios extremos (GI_GEOMAR).
- Manuel González Álvarez, docente, investigador cinematográfico e audiovisual.
- Mónica Luengo Añón, ICOMOS, especialidad en paisajes culturales.
- Ricardo Arenas Martín, Catedrático del departamento de Mineralogía y Petrología de la Universidad Complutense de Madrid.
- Sergio Llana Fúnez, Universidad de Oviedo, especialidad en geología estructural y tectónica.
- Sonia Sánchez Martínez, Universidad Complutense de Madrid. Facultad de Ciencias Geológicas. Departamento de Mineralogía y Petrología
- Xan Rodríguez Silvar, Sociedade Galega de Historia Natural, biólogo. Educador e divulgador ambiental.
- Xosé Lois Armada Pita, Instituto de Ciencias del Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (Incipit – CSIC), Arqueología y Patrimonio Cultural