Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O AUDITORIO ACOLLE O SÁBADO O ESPECTÁCULO “BRILLA BRILLA” DIRIXIDO A NENOS E NENAS DE IDADES TEMPERÁS

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá o sábado un espectáculo dirixido a un público moi especial, bebés desde seis meses ata catro anos. Os nenos e nenas de idades temperás son os destinatarios da obra “Brilla Brilla”, que a compañía Trémola Teatro ofrecerá a partir das 19.00 horas.

Como é xa habitual e para cumprir coas normas de prevención do covid, as persoas interesadas en levar aos pequenos deberán reservar previamente as entradas -cuxo prezo é de 2,50€- a través do Whatsup no teléfono 649 876 614 en horario de 09.00 a 14.00 horas ou do correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal, indicando número de asistentes, nomes e número de contacto.

“Brilla brilla” defínese como teatro sensorial. É unha proposta das actrices Paula Regueiro e Lucía L. Golán, despois doutras que tamén crearon para bebés e que tiveron moito éxito. As luces, a música, o confeti… diferentes elementos farán que os máis pequenos fiquen moi atentos durante a media hora que dura a montaxe.