Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DOAZÓN DE SANGUE EN CEDEIRA

O próximo mércores 10 de agosto, de 10:00 a 14:00h e 16.00 h a 21.00 horas na parada de bus da Praza de Galicia, atoparase a unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos dispoñible para todos os veciños e veciñas que estean interesados en doar sangue ou informarse de como facelo.

Na situación actual, traballamos cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doantes de sangue. Tamén dispoñemos dun teléfono gratuíto para solicitar autocita para doar sangue de xeito cómodo e seguro (900 100 828).

  • Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos ( persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril dun só uso).
  • Non esquezas traer o teu DNI.
  • Non acudas sen almorzar e despois de xantar espera 2 horas.
  • Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.

Máis información:
Web: http://ados.sergas.es
Twitter: @doadoressangue
Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue