Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira informa dunha nova convocatoria de probas de acreditación de niveis de lingua galega: Celgas 2 e 4

CEDEIRA INFORMA DUNHA NOVA CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE NIVEIS DE LINGUA GALEGA: CELGAS 2 E 4

O Concello de Cedeira informa dunha nova convocatoria, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4. As probas terán lugar na segunda quincena do próximo mes de novembro de 2019.

O prazo de matrícula finaliza o día 1 de outubro e o importe da taxa ascende a 16,19 euros. As probas, dirixidas a persoas maiores de 16 anos e distintas nacionalidades, serán en Santiago de Compostela e na localidade de Ponferrada.

O goberno municipal recorda que para máis información e axuda os interesados teñen a posibilidade de recorrer ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello, cuxo enderezo electrónico é normalización@cedeira.gal e o seu número de teléfono o 607323833. O texto da convocatoria tamén pode ser consultado na seguinte dirección:

IR Á LIGAZÓN Texto da convocatoria das probas