Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira celebrará o 25 de xullo cun acto que dará comezo ás 12.30 horas diante do Concello

CEDEIRA CELEBRARÁ O 25 DE XULLO CUN ACTO QUE DARÁ COMEZO ÁS 12.30 HORAS DIANTE DO CONCELLO

O goberno municipal de Cedeira convoca á veciñanza e visitantes ao acto que terá lugar o próximo xoves con motivo da celebración do 25 de xullo, Día da Patria Galega.

O acto, que comezará ás 12.30 horas e que será diante do Concello, dará lugar á lectura dun manifesto institucional e á actuación da Banda de Gaitas da Asociación Cultural Buxainas.

O executivo trata así de recordar e reivindicar a identidade de Galicia como país, cunha historia, cultura e lingua propia cando se está a cumprir o primeiro centenario dunha celebración que parte das Irmandades da Fala.