Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira aplicará o horario inclusivo durante as festas que darán comezo este venres

CEDEIRA APLICARÁ O HORARIO INCLUSIVO DURANTE AS FESTAS QUE DARÁN COMEZO ESTE VENRES

O Concello de Cedeira aplicará o horario inclusivo durante as Festas da Patroa que se porán en marcha en cuestión de días. O executivo local trata así de dar resposta a aquelas persoas cunha alta sensibilidade acústica, sendo esta a primeira vez que estará vixente a medida.

Durante os nove días que duran os festexos, tanto as atraccións como os postos de venda ambulante apagarán a música en horario de seis a oito da tarde coa intención de que todas as persoas, sen excepción, poidan gozar do calendario festivo.

O goberno municipal recoñece que a iniciativa responde a unha necesidade que a día de hoxe existe na sociedade, polo que se valora a colaboración que o executivo atopou entre os responsables das atraccións e dos puntos de venda ambulante.

O Concello de Cedeira súmase así a iniciativas similares que se veñen aplicando noutros municipios, como por exemplo o de Santiago, para facilitar a participación de nenos e nenas con trastornos como o autismo e para que en xeral as persoas que teñan unha sensibilidade especial ao barullo tamén poidan sumarse á festa.