Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira acondiciona as marxes e cunetas dun total de 26 quilómetros lineais de camiños municipais

CEDEIRA ACONDICIONA AS MARXES E CUNETAS DUN TOTAL DE 26 QUILÓMETROS LINEAIS DE CAMIÑOS MUNICIPAIS

O Concello de Cedeira vén de preparar máis de 26 quilómetros lineais de camiños municipais cara ao inverno. A intervención, que consistiu en tarefas de desbroce e limpeza de cunetas polas dúas márxes, foi executada pola empresa José Manuel Piñeiro López mediante o uso de medios mecánicos.

O importe do contrato foi de 6.000 euros, IVE incluído, e o traballo agora realizado complementa de maneira moi directa o de mantemento que durante todo o inverno realizan os operarios da brigada municipal. Estes encárganse de facer labores de desbroce naqueles camiños públicos que non se atopan asfaltados e que dan acceso ás explotacións gandeiras ou aos pasteiros polos que transitan os tractores ou maquinaria agrícola. Ademais, estes traballadores tamén realizan tarefas de mantemento da rede viaria municipal, repoñendo a sinalización deteriorada, limpando cunetas ou as tubaxes e realizando canalizacións para evitar que a auga deteriore o firme das pistas.

O goberno municipal considera que as tarefas levadas a cabo durante o verán representan un reforzo “debido á cantidade de traballo existente en cada un destes camiños” e para garantir a conservación das infraestruturas.