Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVICIOS SOCIAIS

Aviso da Consellería de Medio Rural

No DOG nº 18 do martes 28 de xaneiro de 2020 veñen de publicarse e convocarse as axudas para:
▪Investimentos nas explotación agrarias.
▪Incorporación de mozos.
▪Desenvolvemento de pequeña explotación.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febrero. As persoas interesadas poden solicitar información na Oficina Agraria Comarcal:
🏫 Pza. Roxa, s/n (Pontenova).
☎ 881 930 094.

Pode visitar o enlace do DOG na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200128/AnuncioG0426-070120-0002_gl.html

 

Publicadas as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos.

Prazo: do día 21 de xaneiro ao 10 de marzo de 2020 (ambos incluídos).

Persoas beneficiarias:

  • As persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nacidos/as entre 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2017 ambos inclusives). Os menores nacidos a partir do ano 2018 perciben esta axuda a través da ampliación da Tarxeta Benvida.
  • Persoas con fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200120/AnuncioG0425-191219-0002_gl.html

Cedeira avanza nas negociacións para ampliar o Centro de Saúde

A Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol apoia ao Concello de Cedeira na súa demanda de ampliación do centro de saúde. Esta boa disposición púxose unha vez máis de manifesto na reunión celebrada no día de onte entre o alcalde da localidade, Pablo Moreda Gil, e o responsable da xerencia sanitaria, Ángel Facio Villanueva.

O encontro deu como resultado o envío por parte do rexedor municipal á directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro Bello, da documentación relativa á cesión da parcela necesaria para a realización da obra e do anteproxecto da ampliación do centro médico, así como unha petición formal para que, “á maior brevidade posible, técnicos do Sergas inspeccionen o espazo que se propón poñer a disposición da Concellería para que determinen as actuacións urbanísticas que sexa preciso desenvolver”.

O alcalde de Cedeira aproveitou a ocasión para recordar á responsable do Sergas as necesidades que existen no municipio con respecto ao centro de saúde e, neste sentido, apuntou que é urxente incorporar aqueles servizos que hoxe fan inevitable o desprazamento dos veciños a Ferrol, entre os que cita rehabilitación, fisioterapia e odontoloxía, e enumerou así mesmo as queixas máis usuais que existen entre os profesionais do sector. Escaseza de consultas, deficiencias estruturais no servizo de urxencias, ausencia de sala de reunións e falta dunha sala propia para a área de pediatría son algúns dos problemas que agora existen no centro de saúde de Cedeira e aos que tamén se lles poden engadir as goteiras, os cheiros e accesos deficientes.

Ante estas realidades, que no seu momento deron lugar a mobilizacións por parte da veciñanza e mesmo do persoal sanitario do centro, o Concello de Cedeira optou no ano 2018 por darlle solución á situación adquirindo a planta baixa, a terceira e o baixo cuberta do inmoble anexo ao centro de saúde para garantir a ampliación do mesmo. O devandito acordo formalizouse o pasado mes de decembro coa firma da escritura pública de compraventa entre a Xunta de Galicia e a administración local pola cantidade de 60.000 euros. Este compromiso tamén pasa pola cesión da propiedade á Consellería de Sanidade.

Pablo Moreda agradece a Ángel Facio a colaboración e a sensibilidade que ven demostrando con respecto a esta demanda e considera que se trata dunha reivindicación xusta e necesaria para dispoñer dos servizos médicos que necesita a poboación local así como as persoas que teñen na vila unha segunda residencia. O alcalde anuncia tamén que os servizos técnicos do Concello se porán a disposición dos da Xunta para traballar de maneira conxunta na realización dunha obra tan demandada como urxente para adaptar os recursos públicos as prestacións que esperan deles os seus usuarios.