Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

PUBLICADAS AS BASES DAS SUBVENCIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS E COMISIÓNS DE FESTAS

O BOP ven de publicar as bases das subvencións para as entidades deportivas, asociacións socioculturais e comisións de festas .

Nas seguintes ligazóns pode accederse aos textos íntegros das bases das subvencións:

IR Á LIGAZÓN BASES DAS SUBVENCIÓNS PARA AS ENTIDADES SOCIOCULTURAIS
➡️ https://cedeira.gal/wp-content/uploads/2023/04/BASES-LIBRE-CONCORRENCIA-CULTURAIS-2023.pdf

IR Á LIGAZÓN BASES DAS SUBVENCIÓNS PARA AS ENTIDADES DEPORTIVAS
➡️ https://cedeira.gal/wp-content/uploads/2023/04/BASES-LIBRE-CONCORRENCIA-DEPORTIVAS-2023.pdf

IR Á LIGAZÓN BASES DAS SUBVENCIÓNS PARA A COMISIÓN DE FESTAS
➡️ https://cedeira.gal/wp-content/uploads/2023/04/BASES-COMISIONS-DE-FESTAS-2023.pdf

Máis información:
https://cedeira.gal/subvencions-municipais

ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA QUE AS COMISIÓNS DE FESTAS PARROQUIAIS SOLICITEN AS AXUDAS DO CONCELLO

As comisión das festas parroquiais de Cedeira poderán optar un ano máis a axudas municipais para sufragar a organización dos concertos e outras actividades. O Concello vén de aprobar as bases da convocatoria, dotada con 4.000€, e as entidades poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 3 de maio.

As axudas poden chagar a cubrir o 100% do proxecto de actividades que presente a comisión de festas, que deberá ter unha póliza de responsabilidade civil, entre outros requisitos. Todos os gastos deberán ser debidamente xustificados coas correspondentes facturas.

Desde o Concello recordan que tamén está aberto o prazo de solicitude das axudas para entidades socioculturais e clubes deportivos. Unha vez que as correspondentes convocatorias foron publicadas na Base Nacional de Datos de Subvencións, o prazo está aberto ata o vindeiro 3 de maio.

LUZ VERDE ÁS BASES DA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS E CLUBES DEPORTIVOS DE CEDEIRA

O goberno local de Cedeira aprobou as bases da nova convocatoria de axudas para entidades e clubes deportivos do municipio. Ao igual que no eido cultural, este ano a dotación das subvencións increméntase un 66% respecto á do ano anterior, chegando a un total de 60.000€. O prazo de solicitude será de 15 días a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Os fondos repártense no apartado de actividades e o de investimentos. Para o primeiro, destinado a sufragar entre outras cousas gastos de compra de trofeos, desprazamentos, aluguer de pistas deportivas, gastos federativos, arbitraxes, nóminas de persoal técnico e materiais de difusión de competicións, están reservados 45.000€. Para o segundo son os restantes 15.000€, que servirán ás entidades para mercar materiais inventariables ligados á súa práctica deportiva por importe unitario igual ou superior a 100€.

O Concello aplicará un baremo de condicións obxectivas para a concesión das axudas. Valorarase o número de nenos e nenas que toman parte nas escolas de deporte base, a participación feminina, a organización de competicións, a antigüidade do club, o número de deportistas federados, o número de técnicos, o menor importe da cuota mensual, o uso da lingua galega e o compromiso de colaboración dos Servizos Sociais do Concello para garantir o acceso á práctica deportiva das persoas con menos recursos, entre outros criterios.

O gasto das axudas concedidas deberá realizarse antes do 15 de novembro e a xustificación do mesmo terá que estar presentada antes do 30 do mesmo mes deste ano.