Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

O Concello de Cedeira súmase á dor das familias dos tres rapaces mortos no accidente de tráfico en Valdoviño

O CONCELLO DE CEDEIRA SÚMASE Á DOR DAS FAMILIAS DOS TRES RAPACES MORTOS NO ACCIDENTE DE TRÁFICO EN VALDOVIÑO

O goberno de Cedeira quere trasladar o seu máis sentido pésame ás familias dos tres rapaces finados na mañá de onte no accidente de circulación na estrada AC-566. O executivo quere sumarse así ao sentimento de dor e tristeza que reina entre os veciños e veciñas, familiares, amigos e compañeiros das vítimas desde que se tivo coñecemento do fatal suceso.

O alcalde, Pablo Moreda Gil, recoñeceu que a xornada de onte foi o día máis duro desde que está á fronte da Alcaldía por tratarse dun terrible accidente que se leva por diante a xente moza, ben coñecida na vila e tres proxectos vitais fustrados a unha idade demasiado temprana.

O Concello ten decretado tres días de loito, as bandeiras oficiais xa están a ondear a media hasta e tamén foron desconvocadas todas as actividades previstas.

Xantar bingo solidario

XANTAR BINGO SOLIDARIO

A beneficio da AECC co motivo do “Día Mundial do Cancro de Mama”, a Asociación Española contra o Cancro de Cedeira en colaboración co Concello, organiza un “Xantar – Bingo” solidario o domingo 28 de outubro, ás 14.30 horas na cafetería do Auditorio Municipal.
O prezo do xantar será de 20€, e require inscrición previa, que debe realizarse na Cafetería do Auditorio antes do 26 de outubro.

O Concello de Cedeira lamenta a perda de Álvaro Porto Dapena

O CONCELLO DE CEDEIRA LAMENTA A PERDA DE ÁLVARO PORTO DAPENA

O Concello de Cedeira lamenta a perda de Álvaro Porto Dapena, recén nomeado fillo adoptivo do municipio.

A concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez Pérez, sinala que a corporación municipal era coñecedora de seu delicado estado de saúde e ese foi o motivo de que se celebrara con carácter de urxencia o pleno extraordinario para concederlle o título de fillo adoptivo.

Foi a propia concelleira quen lle comunicou a Álvaro Porto días atrás a intención do goberno de Cedeira de outorgarlle a devandita distinción, nova que foi en palabras do mesmo Álvaro Porto “unha das mellores alegrías que recibira na súa vida”.

“Descansa en paz estimado Álvaro e grazas pola túa obra e polo teu amor a Cedeira”, son os desexos e a gratitude do goberno municipal á figura e personalidade dun home moi vinculado á localidade.

Nota: As bandeiras do Concello lucirán a media ata en sinal de duelo