Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

“AS NOSAS TERRAS. O NOSO FUTURO”

Baixo este lema, hoxe, 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, efeméride establecida pola ONU no 1972 coa pretensión de sensibilizar á poboación mundial en relación aos temas medio ambientais.

Nesta edición do 2024 céntrase na restauración das terras, detención da desertificación e fortalecemento da resiliencia fronte á seca.

Tendo en conta que un 40% das zonas terrestres do planeta están degradadas, o que afecta de xeito directo á metade da poboación mundial, se non se toman medidas urxentes, as secas poderían afectar a máis das tres cuartas partes da poboación mundial no 2050.

Os ecosistemas de todo o mundo, dos que depende a existencia da humanidade (bosques, terras agrarias, espazos naturais…) están en perigo. Polo que debemos traballar en protexelos e restauralos co obxectivo de garantir un futuro sostible.

Lembrade que coidar do planeta é coidar de nós mesmos e, cada xesto, por pequeno que sexa, conta.

O DEPORTE CEDEIRÉS HOMENAXEOU NA SÚA FESTA AO MESTRE E DEPORTISTA JUAN ANTONIO RODRÍGUEZ BUSTABAD

Cedeira celebrou a vixésima edición da súa Festa do Deporte, un evento no que se recoñeceron os logros do último ano e no que tamén desta volta se quixo homenaxear as aportacións de persoas ou grupos que son importantes para facer equipo, para defender valores de cooperación e superación ou para infundir ánimo aos compañeiros e compañeiras. O Concello recoñeceu o traballo de cada unha das entidades, e cada unha delas decidiu e entregou os seus premios, nun evento que un ano máis tivo lugar nun Polideportivo Municipal ateigado de xente.

Os recoñecementos comezaron pola mención especial en lembranza de Juan Antonio Rodríguez Bustabad, falecido recentemente, ao que se recordou como un exemplo na transmisión de valores tanto na súa faceta de mestre como na de deportista. Rodríguez Bustabad pertenceu ao Club de Remo e ao de Badminton e con eles acadou diferentes premios galegos e nacionais.

A continuación comezou a entrega de premios aos diferentes clubs de Cedeira.

Club Natación Cedeira Mobles García: premio ao equipo de triatlón da Liga Nacional, formado por Francisco Bellas Crespo, Juan Piñón Bereijo, Manuel Muíño Pérez, Damián Suárez Couto, Samuel Sánchez Grandal e Lucas Riola Delgado. Premio ao mellor nadador a Teo Sanesteban López. Premio á nadadora de braza Andrea Freire Pernas. Premio á triatleta Irene García Nebril e premio de atletismo a Martín Otero Villadóniga.

Club Apader: premios para Óscar García Rivas e Maricarmen Iglesias Freire.

Club de Fútbol Cedeira S.D.: premios para Manuel Sande Leonardo e Jesús Pérez García.

Club Discalzas S.D.: premios para María del Pilar García Prados e Carmen Cal Fernández.

Club Baloncesto Cedeira: premios para José García Santiago e Miguel Cribeiro Galego.

Club Mergullo Cedeira: premios para José García Santiago e Miguel Cribeiro Galego.

Club de Remo Cedeira: premios para Candela Martínez Pernas e Lucía Bellas Prieto.

Club de Pádel Cedeira: premios para o equipo feminino do club, para Alex Piñón Rodríguez e para Iago Rivas Ramos.

Club Ciclista Punta Candieira: premios para Alberto Serantes Guzmán e Miguel Ángel López López.

Sociedade Deportiva de Caza e Pesca: premios para Erik Iglesias Meizoso e Andrés Pernas Díaz.

Street Dance School: premio para os grupos Ohanas Team e Gen Mamba Team.

Club deportivo IES Punta Candieira: premios para Nawal Trih, Lorena Lea Pascoe, Carme López, Pablo Fanego, Adrián Barcia, Antón López, Manuel Hermida e Alanis Nallely Villanueva.

Ximnasia Cedeira: recibiu o premio do Concello como clube (non compite).

Club Karate Cedeira: premios para Federico Barinaga, Pablo García Yáñez, Xabier Pérez González e Elisa González López.

XA SE PODE SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO.

Faltan poucos días para a celebración do solsticio de verán e a tradición manda. Por todo o territorio acenderanse gran cantidade de cacharelas. Pero non debemos olvidar que é obrigatorio solicitar autorización no Concello para as fogueiras que se teñan previsto organizar, tanto na noite do 23 como na do 28.

A petición de dito permiso poderase realizar, empregando o documento específico de solicitude habilitado para tal fin, dende o día 4 e ata o día 19 de xuño as 14:00h. Ben de xeito presencial no Rexistro Xeral da casa do Concello (presentando o DNI orixinal da persoa solicitante) ou tamén a través da sede electrónica.

Dita documentación será remitida posteriormente polo Concello ao Distrito Forestal I de Ferrol.

As persoas solicitantes, ou debidamente acreditadas, poderán recoller as autorizacións favorables de xeito presencial no Rexistro do Concello a partir das 11:00h do día 20 de xuño. E aquelas que o solicitaran a través da sede, responderáselles telemáticamente.

Lémbrase que só se poderán acender cacharelas que conten co debido permiso e, ademáis deberán atender ás medidas indicadas no documento de solicitude anteriormente mencionado.

DESCARGA SOLICITUDE DE PERMISO PARA REALIZAR FOGUERIAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO

DESCARGA BANDO FOGUEIRAS SAN XOÁN E SAN PEDRO 2024