Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

O grupo Musicreques porá en escena este sábado o conto musical “Iván e o lobo gris”

O auditorio municipal de Cedeira acollerá este sábado a actuación do grupo Musicreques, que representará, a partir das sete da tarde, a obra Iván e o lobo Gris.

Trátase dun conto musical no que Iván, o protagonista, “terá que cumprir unha perigosa misión se non quere perder a súa cabeza…”.

O prezo da entrada é de 2,5 euros e a obra está pensada para nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 10 anos.

Campaña de inverno 2020 – Deputación da Coruña

A área de deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020 diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e as nenas entre os 11 e os 15 anos de idade dos municipios coruñeses.

Datas para Cedeira ( 4ª quenda ): do 14/02/2019 ao 17/02/2019

Prazas: 4

Inscricións: entre o 12 de novembro e o 4 de decembro no rexistro do concello.

En caso de ter máis solicitudes que prazas farase un sorteo público entre as presentadas, tendo en conta que terán prioridade os nenos/as que nunca asistiron a campañas de inverno.

Idade: entre 11 e 15 anos inclusive (cumpridos antes do 31 de decembro de 2020)

As viaxes terán un custo de 85 euros e inclúen transporte, estadía en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A festa do samaín comeza mañá coa representación da obra as parábolas de pakolas no auditorio

O Auditorio municipal de Cedeira acollerá hoxe xoves a representación da obra As Parábolas de Pakolas, unha actuación que será ás 17.30 horas e coa que comezarán as celebracións de Samaín no municipio.

Trátase dun espectáculo musical, no que Paco Cerdeira interpreta en directo temas propios para público infantil, con música de rock e outros estilos e con letras sempre acomodadas para os máis pequenos.

O venres, día 1, a festa traducirase en obradoiros de zonchos e pintura, ás 17.00 horas, e na representación da obra Dona Barriga Verde a cargo de Larraiz Urrutzola (19.00 horas). Ámbalas dúas citas serán no paseo da Mariña.

O sábado, día 2, as actividades darán comezo ás 17.00 para despois prolongarse ata máis alá das 20.30 horas. Neste intervalo de tempo terá lugar o acto de presentación das cabazas para o concurso (17.00 a 19.30 horas); saída da xincana infantil (17.00 horas); obradoiro de maquillaxe, merenda de outono con requeixo con mel e bola de azucre e Casa do Terror (17.30 horas); entrega dos premios (20.00 horas) e Desfile das Pantasmas pola zona vella (20.30 horas).

As persoas interesadas en tomar parte tanto na xincana infantil, organizada por Aventureros en Galicia, como na Casa do Terror (idade ata os 15 anos) terán que inscribirse en horario de 12.30 a 14.00 e de 16.00 a 16.30 horas nos toldos situadas no paseo da Mariña.

A programación do Samaín rematará o domingo día 3 coa presentación do libro Viaxe ao Alén de Obdulia Dopico, que será ás 13.00 horas no Palacete municipal e no que intervirán a concelleira de Cultura, Ermitas García e o historiador e docente, Carlos Breixo, entre outras persoas.