Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

Fogueiras de San Xoán e de San Pedro

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E DE SAN PEDRO

As solicitudes para a autorización das fogueiras de San Xoán e de San Pedro do ano en curso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 19 de xuño de 2018 ás 14:00 horas.

Descarga PDF Normas para as fogueiras da no¡te de San Xoán / San Pedro

Descarga PDF Solicitude de permiso para realizar fogueiras de San Xoán / San Pedro

O Concello pide a portos que suprima as fosas sépticas e que limpe o ribazo posterior á praia de Arealonga

O CONCELLO PIDE A PORTOS QUE SUPRIMA AS FOSAS SÉPTICAS E QUE LIMPE O RIBAZO POSTERIOR Á PRAIA DE AREALONGA

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, mantivo esta semana un encontro de traballo co alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, e o concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, para tratar dous asuntos ben diferenciados.

Por unha banda, falouse da sustitución das fosas sépticas das distintas dependencias portuarias pola conexión coa rede xeral de saneamento, como xa existe nalgún concello da comarca das mesmas características. Trátase dunha obra costosa pero que garante unha solución definitiva diante das verteduras puntuais que teñen ocurrido hai pouco tempo e que podería levarse a cabo con fondos europeos. Nunha próxima reunión a tres bandas entre representantes de Augas de Galicia, Portos e o propio concello decidiranse os pasos a dar tal e como transmitiu o presidente de Portos aos representantes municipais.

Na xuntanza tamén comentouse a urxencia da limpeza do ribazo ubicado na parte posterior da praia da Arealonga -no que se produciu un derrubamento hai pouco tempo- ata os lindes co castelo da Concepción, tanto na zona onde hai arbolado como a que está inzada de maleza.

Os responsables municipais aportaron documentación en poder dalgúns propietarios na que se pon de manifesto a expropiación forzosa de parte das súas fincas, que tivo lugar nos anos setenta, tanto no relativo aos metros cadrados de superficie expropiada como á compensación económica correspondente. Na reunión quedouse en comprobar de xeito inmediato a veracidade desta información e aclarar ata onde chega a zona de deslinde para saber con certeza a superficie que teñen que talar ou adecentar tanto os devanditos propietarios particulares como a autoridade portuaria, para que cadaquén asuma o seu custo económico.

Deputación e concellos pon en marcha o plan do Xeoparque do Cabo Ortegal

DEPUTACIÓN E CONCELLOS PON EN MARCHA O PLAN DO XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL

O alcalde de Cerdido presidirá o consello de dirección durante o primeiro ano

O proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal botou a andar onte coa constitución da comunidade intermunicipal, integrada pola Deputación e os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, e a designación de Benigno Galego, alcalde de Cerdido, como o primeiro presidente deste organismo. Os rexedores se turnarán no cargo, empezando polo do municipio de menor poboación dos sete implicados.

Por diante quedan a contratación do plan director (onte estudouse o prego de condicións que haberán de rexer este proceso) e a asistencia técnica, unha das primeiras medidas adoptadas no encontro mantido na Deputación. Este servizo será o responsable de coordinar o expediente e a certificación da candidatura do geoparque «por parte do Estado e dá UNESCO».

Partida de 100.000 euros

No encontro de onte, ao que asistiron o responsable provincial de Turismo, Xosé Regueira, os alcaldes dos sete concellos e varios concelleiros, tamén se acordou a creación e a inscrición da imaxe corporativa do proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. Para iso, o consello de dirección asignou unha partida de cen mil euros -dos 500.000 consignados para este proxecto pola Deputación-, que inclúe tamén o custo do plan director e do servizo de asistencia técnica. Regueira confía en que en setembro se completaron estes trámites. Os representantes das administracións locais e provincial reuniranse cada tres meses en Cerdido para avaliar os avances.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Deputación e concellos pon en marcha o plan do Xeoparque do Cabo Ortegal