Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

O Concello pinta as paredes e o chan do pavillón do colexio Nicolás del Río

O CONCELLO PINTA AS PAREDES E O CHAN DO PAVILLÓN DO COLEXIO NICOLÁS DEL RÍO

O Concello de Cedeira volve colaborar coa dirección do colexio Nicolás del Río para manter en bo uso o centro. Só un mes despois da entrada en funcionamento do parque infantil e máis das medidas de seguridade para evitar a saída dos alumnos á estrada, o equipo de goberno dá agora por finalizados os traballos de pintura acometidos no pavillón do Nicolás del Río.

O proxecto consistiu no pintado das paredes e mesmo tamén da pista polideportiva, dadas as malas condicións que presentaban. A obra, que correu a cargo do persoal laboral do Concello, deu lugar ao pintado dunha superficie duns 600 metros cadrados, entre paredes e chan. O investimento ascendeu a uns 2.000 euros.

Con esta intervención, e á espera de que Educación poña data á reunión con Indalecio Cabana -xefe territorial da Consellería- para seguir falando do cambio das fiestras que necesita o centro executivo cedeirense dá por concluídas por este ano as melloras acometidas no colexio ao longo dos últimos meses. O goberno confía agora en que a Xunta continúe coa substitución das fiestras situadas na fachada que dá á praia.

Proxecto subvencionado de equipamento térmico de biomasa: Estufa de biomasa no polideportivo municipal

PROXECTO SUBVENCIONADO DE EQUIPAMENTO TÉRMICO DE BIOMASA: ESTUFA DE BIOMASA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

O Concello de Cedeira ten previsto instalar unha estufa de biomasa no polideportivo municipal. O proxecto está subvencionado no marco das axudas do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) para Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020, financiado, xunto ao Concello de Cedeira, pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER.

O proxecto subvencionado é “INSTALACIÓN DE ESTUFA DE BIOMASA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL” (IN421IG-17R179).

A estufa de biomasa, da tipoloxía de aire, terá unha potencia instalada de 9,05 kw e cun rendemento do 92,70%. O obxectivo final da súa instalación é acadar unha axeitada climatización para o uso do espazo e un tipo enerxía económico e medioambientalmente máis sustentable.

Aberto o prazo de confirmación de praza nas actividades deportivas municipais

ABERTO O PRAZO DE CONFIRMACIÓN DE PRAZA NAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Unha vez publicados os horarios provisionais nas escolas deportivas para o curso 2017-2018, está aberto ata o día 4 de outubro o prazo de confirmación de praza nas distintas actividades, que teñen previsto o seu inicio a partir do 9 de outubro, trala publicación dos horarios definitivos o día 6.

Pode consultar os horarios provicionais publicados e toda a información sobre as escolas deportivas municipais na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información escolas deportivas 2017-2018