Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

Cedeira inviste 5.888,65 € na impermeabilización das gradas do campo de fútbol

CEDEIRA INVISTE 5.888,65 EUROS NA IMPERMEABILIZACIÓN DAS GRADAS DO CAMPO DE FÚTBOL

O Concello de Cedeira vén de poñer fin aos problemas de humidades que, como consecuencia dalgunhas gretas e do paso do tempo, estaban a poñer en perigo a conservación do material deportivo que se gardaba debaixo dunha das gradas do campo de fútbol municipal. A situación tamén afectaba á zona de vestiarios.

A solución adoptada polo goberno e executada pola empresa Ángel Grandal Calvo consistiu na impermeabilización de toda a grada, traballos que incluiron o lavado a presión, imprimación, colocación de fibra nas unións, aplicación de membrana e pintado.

A obra foi contratada por un importe de 5.886,65 euros. O executivo local valora a intervención porque contribúe á conservación das instalacións deportivas de carácter público e anuncia melloras no pavillón e na piscina e a construción de dous novos vestiarios no campo de fútbol municipal.

Aberto o prazo de inscrición tempada 2018-2019 no Cedeira SD

ABERTO PRAZO DE INSCRIPCIÓN TEMPADA 2018-19 NO CEDEIRA SD

O Cedeira SD anima a tod@s @s nen@s a partir dos 4 anos inclusive a formar parte do noso clube.

Se che gusta o fútbol e queres disfrutar do teu deporte favorito, ven e apúntate.

Toda a información chamando ao teléfono 699 91 80 92 ou no 618 86 57 28

Cedeira volve ser sede do campus de fútbol da federación española de fútbol

CEDEIRA VOLVE SER SEDE DO CAMPUS DE FÚTBOL DA FEDERACIÓN
ESPAÑOLA DE FÚTBOL

Cedeira volverá ser sede do campus de fútbol da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). “É todo un privilexio para o pobo que a Federación conte coa vila para poder participar nesta formación de nenos e nenas, xa que somos un concello que aposta polo deporte, a cultura e polos valores que dá o deporte”, segundo apuntou o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, no acto de presentación que esta semana tivo lugar na Deputación da Coruña.

O campus na vila de Cedeira terá lugar do 15 ao 28 de xullo e vai dirixido, o mesmo que os que se impartirán en Cerceda e Boiro, a todos os nenos da provincia de entre 8 e 17 anos. Serán máis de 700 rapaces e rapazas os que participarán, tanto en réxime interno coma externo, en adestramentos e sesións informativas en horario de mañá e tarde.

Desde a Federación de Fútbol destácase que “coa ensinanza deportiva e extradeportiva que recibirán os nenos e nenas buscase fomentar a convivencia, a cooperación e a interacción entre os participantes a través da práctica do fútbol, e promover valores como a amizade, a autoestima, a tolerancia e o xogo limpo, así como desenvolver a aprendizaxe mediante un sistema de adestramento global que contribúa á maduración e a autonomía persoal”.

No acto tamén estiveron presentes o deputado responsable da Área de Deportes e alcalde de Cerceda, José García Liñares; o concelleiro de Boiro Fernando M. García Diéguez; o ex xogador internacional da Selección española, Paco Jémez; o ex preparador físico da RFEF, Jesús Paredes, e o responsable do Campus da RFEF, Joaquín de Ramos.