Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

A Semana Infantil anuncia as festas patronais que darán comezo o próximo venres

A SEMANA INFANTIL ANUNCIA AS FESTAS PATRONAIS QUE DARÁN COMEZO O PRÓXIMO VENRES

As festas patronais, que Cedeira está a vivir entre o día 10 e 17 do presente mes, teñen como adianto a Semana Infantil que arrincará o próximo luns e que ata o xoves (día 9) terán como escenario a praza Roxa, a partir das 10.30 horas.

A primeira xornada estará dedicada ao atletismo, polo que os nenos e nenas terán que superar probas de velocidade, resistencia, remuda, xavelina e peso.

Ao día seguinte, martes 7, os participantes deberán demostrar a súas habilidades en competicións como a de tiro de corda e a de“silla”. Son os denominados “Xogos dos Avós”.

O humor chegará á Semana Infantil coa celebración o mércoles de carreiras de sacos, de ovo e culler. Pola tarde, o pavillón polideportivo acollerá os últimos partidos da competición de fútbol sala, promovida polo Concello, que este ano chega a súa trixésima quinta edición. Os primeiros encontros darán comezo ás 18.00 horas.

O xoves, día 9, a actividade trasladarase á praia da Madalena coa celebración do tradicional concurso de castelos na area.

Convocatoria e bases da 3ª Bandeira Concello de Cedeira de traiñeiras

CONVOCATORIA E BASES DA 3ª BANDEIRA CONCELLO DE CEDEIRA DE TRAIÑEIRAS

O Concello de Cedeira organiza en colaboración co Club de Remo de Cedeira unha regata de traiñeiras da Liga B o domingo 5 de agosto de 2018. A medición de tempos e regulamento da regata correspóndelle ao Club de Remo de Cedeira, como colaborador e farase conforme á normativa de competición da Liga Galega de Traiñeiras mentres que o Concello como organizador asume o reparto de premios, conforme ás cláusulas expostas nas bases aprobadas na Xunta de Goberno Local do 31 de xullo de 2018 que poden colsultarse na seguinte ligazón:


VER PDF Convocatoria e bases 3ª Bandeira