Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

O trofeo de fútbol praia está a reunir estes días a máis de medio cento de equipos no areal da Madalena

O TROFEO DE FÚTBOL PRAIA ESTÁ A REUNIR ESTES DÍAS A MÁIS DE MEDIO CENTO DE EQUIPOS NO AREAL DA MADALENA

Máis de medio cento de equipos de fútbol praia están a participar no Torneo que, organizado polo Concello de Cedeira, deu comezo o pasado martes e rematará o próximo domingo coa celebración dos partidos dos que sairán as formacións gañadoras.

A praia da Madalena acolle unha actividade deportiva que conta con moitos seguidores a nivel local e na que están a participar equipos de toda a comarca e mesmo doutros puntos da xeografía galega.

Un total de 28 equipos -oito da categoría Sub 9, outros oito da Sub 12 e 12 da sub 15- estanse estes días a enfrontar na primeira fase do campionato en partidos que se celebran entre hoxe e o venres e dos que sairán as formacións que pasarán á final, que disputarase o próximo domingo.

Os partidos da categoría sénior disputaranse a partir das oito da tarde do venres e terán continuidade tanto a xornada do sábado como a do domingo. Arredor dunha trintena de equipos participarán nesta clase, tal e como se pon de manifesto desde o equipo de goberno.

Na xornada do domingo disputaranse as finais. Os mellores clasificados das categorías inferiores recibirán os correspondentes trofeos cedidos polo Concello local, mentres que os gañadores do torneo sénior optarán a premios en metálico de 1.000, 500 e 250 euros, respectivamente, ademais dos trofeos institucionais.

O Concello de Cedeira destaca a tradición que existe no municipio con respecto a esta modalidade deportiva e valora que se trata dunha actividade que conta con moitos seguidores que estes días está a ateigar de xente o areal da Madalena.

O domingo será o dia da bici no Municipio de Cedeira

O DOMINGO SERÁ O DIA DA BICI NO MUNICIPIO DE CEDEIRA

O gobierno de Cedeira invita a veciños e visitantes a sumarse ao Día da Bici, que será o domingo 28 e co que se quere fomentar a actividade física e o uso de transportes non contaminantes para traxectos urbanos.

A actividade dará comezo ás 11.00 horas e a praza Roxa será tanto o punto de partida como de chegada dun percorrido que discurrirá por San Isidro, polideportivo municipal, barrio de San Roque, paseo fluvial e porto pesqueiro. A distancia superará os cinco quilómetros, segundo fontes municipais.

Ao remate do paseo entregarase un trofeo aos participantes de menor e maior idade inscritos na proba e haberá un sorteo de agasallos cedidos por Ciclos Roca e Bici Total.

As persoas interesadas poden apuntarse o mesmo día da convocatoria na sala Áncora, a partir das 10.30 horas, e na praza Roxa, antes das once da mañá.