Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

2º ENCONTRO DÚATLON DE MENORES

Encontro de menores non competitivo dirixido a deportistas con licenza vixente FEGATRI a partir de 6 anos cumplidos.

Datas e horarios das carreiras:

Domingo 11 de xullo de 2021

Dúatlon en formato de carreira a pé e ciclismo. A entrada en meta farase xusto despois da liña de desmontaxe coa bicicleta na man.

CARREIRA BICICLETA HORA
PREBENXAMÍN (2014-2015*) 300m (1v) 1500 m (1v) 11:00
BENXAMÍN (2012-2013) 500m (1v) 1500 m (1v) 11:20
ALEVÍN (2010-2011) 1000m (2v) 3000 m (2v) 11:50
INFANTIL (2008-2009) 1500m (2v) 3000 m (2v) 12:30

OS HORARIOS PODERÁN SUFRIR VARIACIÓNS EN FUNCIÓN DA INSCRICIÓN NA PROBA

Inscricións:

Inscrición gratuíta.

Ata o martes 6 de Xullo de 2021

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Regulamentos/inscricións

Descarga o regulamento na seguinte ligazón:

DESCARGA PDF REGULAMENTO

O CONCELLO PON EN MARCHA UN ANO MÁIS OS ROTEIROS GUIADOS “DESCOBRE CEDEIRA”

Este xoves, día 1 de xullo, inaugúrase unha nova edición do programa de roteiros “Descobre Cedeira”, co que o Concello pretende facilitar á propia veciñanza e aos visitantes un mellor coñecemento do patrimonio natural e da historia da vila a través duns percorridos guiados por algúns dos seus lugares máis emblemáticos. Como en anos anteriores, hai tres rutas diferentes que se irán alternando os martes e xoves entre o 1 de xullo e o 2 de setembro: a “dos Tesouros”, a de Santo André de Teixido e o itinerario pola Vila de Cedeira.

O programa inaugúrase co roteiro a Santo André de Teixido, que será os días 1, 8, 15, 22 e 27 de xullo, e os días 5, 12, 19, 26 de agosto e 2 de setembro. O itinerario comeza na igrexa de Régoa e ten unha dificultade media. As persoas participantes teñen que levar a comida, porque o percorrido comeza ás 10.00 horas e remata ás 17.00 horas.

A seguinte ruta será a da “Vila de Cedeira”, de nivel moi doado e con saída desde a Oficina de Turismo. Neste caso, en horario de 10.00 a 14.00 horas, a guia turística levará ao grupo de participantes polo casco vello, chegará ata a capela de San Antón e logo irá ao xacemento arqueolóxico do Sarridal. Este percorrido farase os días 6 e 20 de xullo e o 3, 17 e 31 de agosto.

O roteiro “dos Tesouros”, por último, está tamén ao alcance de calquer camiñante. A saída tomarase desde a Oficina de Turismo ás 10.00 horas e o remate será ás 14.00 horas. Este percorrido vai polo paseo marítimo ata o faro da Robaleira.

As persoas interesadas poden informarse ou inscribirse de xeito gratuíto a través da Oficina de Turismo, en persoa ou a través de mail -mar.lopez@cedeira.es- ou teléfono -981 482 187-.