Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

A lingua ten o seu propio oco no festival de música Galego-Portuguesa

A LINGUA TEN O SEU PROPIO OCO NO FESTIVAL DE MÚSICA GALEGO-PORTUGUESA

José Luís Fernández, Mauricío Castro e Ramón Mariño Paz son os tres últimos nomes en incorporarse ao programa do Festival de Música Galego- Portuguesa que do día 15 ao 17 do presente mes terá lugar na vila de Cedeira.

José Luís Fernández é profesor de lingua portuguesa na escola de idiomas da Coruña e a persoa que o próximo venres estará ao frente da xornada de lingua que, co título “O português no mundo da comunicaçao”, se celebrará no Palacete municipal, a partir das 19.00 horas.

Mauricío Castro tamén é profesor de portugués, neste caso na escola de idiomas de Ferrol, e ponente da charla que, prevista para o sábado día 16, terá lugar no Palacete e na que se falará sobre as razóns do reintegracionismo.

O programa máis académico do festival rematará o domingo, dia 17 de xuño, coa celebración da última das charlas, que correrá a cargo de Ramón Mariño Paz, profesor e investigador da área de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela. A conferencia de Mariño Paz leva por título “Galego-portugués, galego e portugués. Será ás 12.00 no Palacete.

No apartado musical deste segundo Festival de Música Galego-Portuguesa, cuxo lema é “Traz outro amigo também”, cabe recordar os concertos de Luiz Caracol (venres ás 22.00 horas no auditorio), Coule Cofee e Uxía (sábado ás 22.30 horas no auditorio) e Celina da Piedade (domingo ás 19.00 horas auditorio).

O contido complementarase coa celebración de dous obradoiros: un sobre danza africana -venres, Sala Áncora, impartido por María Coutinho- e outro de canto alentejano -sábado, sala Áncora, impartido por Celine da Piedade.

Fogueiras de San Xoán e de San Pedro

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E DE SAN PEDRO

As solicitudes para a autorización das fogueiras de San Xoán e de San Pedro do ano en curso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 19 de xuño de 2018 ás 14:00 horas.

Descarga PDF Normas para as fogueiras da no¡te de San Xoán / San Pedro

Descarga PDF Solicitude de permiso para realizar fogueiras de San Xoán / San Pedro

A comisión de festas patronais 2017 devolve o Concello de Cedeira 7.727,53 €

A COMISIÓN DE FESTAS PATRONAIS 2017 DEVOLVE AO CONCELLO DE CEDEIRA 7.727,53 €

O Concello vén de recibir a cantidade de 7.727,53 euros da Comisión de Festas da Patrona 2017. É o balance definitivo dos gastos contabilizados e xustificados dunha subvencion municipal cuxo importe ascendeu a 115.000 euros.
O asunto abordouse esta mesma semana no transcurso dunha reunión na que o alcalde, Pablo Moreda Gil, e máis a concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez, agradecérolle á comisión “tanto o traballo prestado ao pobo pola organización das festas como a súa boa xestión económica”.
Pola súa parte, os seus integrantes -Masé, Fernando, Malena e Juan (faltan na foto Cristian e Chente)- explicaron aos responsables municipais que os pagos das festas remataron no pasado mes de outubro do 2017 e que o ingreso se fai agora, unha vez que servizos económicos do Concello tivesen comprobado todos os xustificantes presentados dos gastos efectuados.
Lembraron ademais o traballo realizado ao longo dun ano -organizando distintos eventos- para recadar cartos de cara ás festas e agradeceron así mesmo a colaboración do Concello e de toda a veciñanza en xeral -comercio, hostelería, restauración, empresas e negocios da vila- que “coas súas aportacións económicas apoiaron o labor da comisión e o desenvolvemento das festas patronais do 2017”.