Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

AXUDAS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE INCENTIVOS 6 VENCELLADO A INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS (PRTR)

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

As axudas desta convocatoria teñen como obxectivo o desenvolvemento de enerxías renovables, concretamente o desenvolvemento de enerxías renovables térmicas no sector residencial. Esta convocatoria ten o seu encaixe no Programa de incentivos vencellados a instalación de enerxías renovables térmicas no sector residencial, aprobado polo Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, co obxecto de establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, no marco dos obxectivos perseguidos polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia e polo Plan nacional integrado de enerxía e clima (PNIEC) 2021-2030. Concretamente, estas axudas encaixan no Programa 6 deste real decreto.

VER PDF RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

Máis información: