Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

AVISO SOBRE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS SOCIOCULTURAIS DE ÁMBITO MUNICIPAL DE CEDEIRA

O BOP ven de publicar o anuncio da aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións destinadas a entidades e asociacións socioculturais de ámbito municipal de Cedeira para o ano 2021.

O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de actividades culturais e sociais coa finalidade de fomentar un uso activo e creativo do ocio e contribuír a promover a difusión e a posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular galega.

O Concello poderá excluír da concesión calquera actividade que considere que non serve ás finalidades sinaladas, así como as que promovan, faciliten ou permitan a discriminación de calquera tipo (étnica, social, sexual, ideolóxica, lingüística, etc.) ou sexan incompatibles cos valores de igualdade, libre desenvolvemento da personalidade, laicidade e protección ao medio ambiente.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación do
extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, unha vez publicada a convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Pódese descarga o texto integro do BOP na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN anuncio da aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións destinadas a entidades e asociacións socioculturais de ámbito municipal de Cedeira para o ano 2021.

Pódese descargar a documentación para a solicitude da subvención nas seguintes ligazóns:

DESCARGA PDF Modelo anexo A

DESCARGA PDF Modelo anexo B

DESCARGA PDF Modelo anexo C

DESCARGA PDF Modelo anexo D

DESCARGA PDF Modelo anexo E