Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL DE ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 25 de novembro de 2021, adoptou acordo de aprobación da Ordenanza Municipal REGULADORA DA TAXA POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.

Sométese o devandito expediente a información pública e audiencia aos interesados no portal web do Concello, no Taboleiro de Edictos e no Boletín Oficial da Provincia, conforme ao establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e artigo 133.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderánexaminalo nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

O acordo de aprobación inicial elevarase a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública do expediente, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das FacendasLocais.

DESCARGA PDF ORDENANZA FISCAL

DESCARGA PDF ANUNCIO BOP