ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA DOUS CURSOS NA OFICINA AGRARIA COMARCAL
A Consellería de Medio Rural e o Concello de Cedeira colaborarán para ofrecer, este ano, varios cursos dirixidos á capacitación ou mellora de competencias no sector agrogandeiro.
Os cursos promovidos estarán centrados na:
- Iniciación á agricultura ecolóxica
- Realización de trámites na sede electrónica para explotacións agrarias
No acceso a estas formacións terán prioridade aquelas persoas titulares de explotacións ou con vinculación ao sector primario, así como aquelas que queiran incorporarse á actividade agrogandeira.
Pódese solicitar máis información na oficina agraria ou no concello de Cedeira, onde tamén se poderán realizar as preinscricións.
Formularios de preinscrición: