Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A música e a poesía de Dylan escoitaranse este sábado en Cedeira da man de Helga Méndez e Roger de Flor

A MÚSICA E A POESÍA DE DYLAN ESCOITARANSE ESTE SÁBADO EN CEDEIRA DA MAN DE HELGA MÉNDEZ E ROGER DE FLOR

A programación “Cantos e contos ao solpor”, que deu comezo o pasado sábado coa representación da obra teatral “O pozo das señoras”, terá continuidade o próximo, día 21, da man de Helga Méndez e Roger de Flor co seu espectáculo “Ela e Dylan: As flores solitarias”.

A praza do Concello, coa súa coñecida laranxeira, será a referencia para todas aquelas persoas que desexen asistir a unha función que será ás oito da tarde e con entrada de balde. Trátase dun concerto acústico con cancións cantadas e outras tan só recitadas do compositor e Premio Nobel de Literatura Bob Dylan.

“Cantos e contos ao solpor” é unha iniciativa do Concello de Cedeira para despedir o verán e recibir un outono que está a piques de chegar dun xeito lúdico e entretido.