A Fundación ECCA prepara a PROBA LIBRE para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para Adultos.
GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA
Fundación ECCA prepara a PROBA LIBRE para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para Adultos.
A proba libre estrutúrase en 3 ámbitos, realizándose un exame de cada un deles:
- ÁMBITO MATEMÁTICO-TECNOLÓXICO: Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía e Tecnoloxía.
- ÁMBITO CIENCIAS SOCIAIS: Xeografía, Historia, Arte e Música.
- ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Lingua Galega, Lingua Castelá e Iinglés.
É necesario que se superen os 3 ámbitos para obter o título. No caso de superar un ou dous deles, estes ámbitos quedarían aprobados para seguintes convocatorias, polo que para obter o título só sería necesario aprobar os ámbitos que estiveran suspensos.
Os exames realízanse dúas veces ao ano, na primavera e en setembro.
Se algunha persoa tivese aprobado algún ámbito de 4º da ESO, sería convalidable e non precisaría examinarse del.
A metodoloxía que seguimos é semipresencial, facilitándoselle ó alumno os manuales de cada módulo xunto con cos audios das clases gravadas necesarios para o seguimento dos mesmos.
Paralelamente o alumno poderá asistir una vez á semana á tuorías para cada un dos tres ámbitos onde se resolverán dudas así como exercicios e test da proba oficial de anos anteriores.