Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O AUDITORIO ACOLLE ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO INCLUSIVO “UNHAS GAFAS COMO AS DO AVÓ”

O Concello de Cedeira programou para este sábado o espectáculo inclusivo “Unhas gafas como as do avó”, a cargo da compañía A Trastenda de Contos. O Auditorio Municipal acollerá, ás sete da tarde, esta obra que vai dirixida a un público infantil, desde catro a dez anos, e na que conviven a linguaxe oral e de signos.

A Trastenda de Contos é unha compañía creada polo contador Felipe Díaz “Caxoto”, cuxa formación como mestre de Primaria inflúe no carácter educativo das súas propostas. A obra “Unhas gafas como as do avó” trata dunha nena, Laura, que adoita xogar no seu xardín coa imaxinación como principal ferramenta. Un día pensa en como se verá a través das gafas do avó…

A peza, que está incluída na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios en colaboración coa Agadic, está dirixida a persoas oíntes e xordas e preséntase como unha oportunidade para que as primeiras coñezan a “cultura xorda” e para que as segundas participen nun espectáculo á súa medida.

As persoas interesadas en asistir teñen que reservar as localidades a través do mail enrique.vazquez@cedeira.gal ou enviando un whatsapp ao número 649 876 614 en horario de 09.00 a 14.00h., indicando en calquera caso o nome e número de contacto. Poden reservarse as entradas ata o mesmo día da función se non se esgotan antes.