O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana facilita a substitución das tripulacións en buques de pesca e de mercadorías
Unha Orde publicada onte no Boletín Oficial do Estado (BOE) establece a documentación coa que poderán acreditar a súa condición os tripulantes dos buques para facilitar a súa circulación, a fin de asegurar a prestación dos servizos de transporte marítimo, con motivo da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Pode descargar o documento na seguinte ligazón: