XORNADA SOBRE PROTECCIÓN DA INFANCIA FRONTE AO MALTRATO E O ABUSO SEXUAL

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ortigueira a través do Centro de Información á Muller organiza unha Xornada sobre protección da infancia fronte ao maltrato e o abuso sexual dirixida ás familias e aos profesionais dos servizos sociais, profesionais educativos e da saúde. Colabora a Xunta de Galicia

O obxectivo da xornada é visibilizar a problemática existente, moi soterrada todavía e máis no rural, e acadar unha actuación eficaz facilitando o coñecemento das ferramentas de deteción e os recursos.

Data: 30 de maio de 2018
Lugar de celebración: Centro de Participación Social de San Roque. Ortigueira

Inscricións ata o luns 28 de maio. PRAZAS LIMITADAS

Descarga o formulario de inscrición

Descarga do programa

Máis información: CIM: 981 40 25 42