Os actos de parcelamento comprenden aquelas actuacións que teñen por obxecto a modificación de leiras ou parcelas, en calquera clase de chan, mediante a división simultánea ou sucesiva dos terreos en dous ou máis lotes novos independentes.

Os actos de parcelamento poderán incluír, con carácter simultáneo e complementario, agrupacións de leiras ou parcelas.

Aqueles que desexen solicitar licenza de parcelamento ou segregación deberán levar a cabo os seguintes trámites municipais:

  • 1. Cubrir a solicitude de licenza para parcelación e segregación

  • 2. Achegar a documentación requirida na solicitude

    A información que se debe achegar é a sinalada na propia solicitude e deberá entregarse conxuntamente coa solicitude debidamente cuberta.

  • 3. Pago da autoliquidación

    O importe fixo que debe aboarse por cada solicitude de licenza de parcelamento ou segregación é de 120 euros.

    A ordenanza municipal que regula a taxa que se debe aboar derivada da solicitude desta licenza pode ser consultada na seguintes ligazóns


    VER PDF Ordenanza Licenzas urbanísticas


    DESCARGAR WORD Ordenanza Licenzas urbanísticas

    Para aboar os importes derivados da autoliquidación, poden realizarse os respectivos ingresos nas seguintes contas do Concello:

    BBVA:  ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante de ingreso da autoliquidación (concepto), debe incluír a seguinte información:

    Código 32100 + (DNI do solicitante la licenza).

  • 4. Presentar a solicitude de licenza, a documentación requerida e o xustificante de pago da autoliquidación no Rexistro do Concello de xeito físico en dependencias municipais ou vía rexistro electrónico

    Rexistro xeral municipal

    Casa do Concello, Rúa Real nº15.

     

     De luns a venres: de 9.00 a 14.00 h. Sábados: de 10.00 a 13.00 h.

     

     981 480 000 (extensión 6).

     

    IR Á LIGAZÓN Rexistro electrónico

  • 5. Concesión da licenza por parte do órgano municipal correspondente

    Unha vez realizada a entrega da documentación necesaria para a concesión da solicitude de licenza, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo de tres meses para conceder ou denegar a solicitude.