Os veciños e veciñas que requiran contenedores para eventos ou actos particulares, de sociedades ou asociacións, poden solicitalos no Concello seguindo os trámites que a continuación se especifican:

  • 1. Cubrir a solicitude indicando, a maiores dos datos identificativos do solicitante, a seguinte información:

    •  Número de contenedores que solicita
    • Datas nas que solicita o material
    • Evento para o que solicita os contenedores
    • Outra información que se considere de interese

    Pode descargar a solicitude na seguinte ligazón


    VER PDF Solicitude Instancia Tipo

  • 2. Presentar a documentación de solicitude, no Rexistro do Concello de xeito físico en dependencias municipais, ou vía rexistro electrónico.

    Rexistro xeral municipal
    Casa do Concello, Rúa Real nº15

     

    De luns a venres: de 9.00h a 14.00h. Sábado: de 10.00h a 13.00h

     

    981 480000 (extensión 6)

     

    IR Á LIGAZÓN Rexistro electrónico

  • 3. Concesión ou denegación da solicitude

    Unha vez realizada a entrega de documentación necesaria para a concesión da solicitude, o Concello de Cedeira ten un prazo  máximo de 1 mes para conceder ou denegar dita solicitude.