Calquera cidadán interesado poderá prensentar recurso contra os actos administrativos ditados polo Concello, sempre que o faga cumprindo as condicións e nos prazos que marca o acto/procedemento obxecto do recurso.

Contra os actos administrativos e resolutivos deste departamento, poden presentar dous tipos de recursos:

  • Recurso de alzada:

Poderase interpoñer recurso de alzada contra calquera acto ou resolución que non pon fin á vía administrativa

Prazo máximo de presentación: 1 mes dende que se informara oficialmente polo Concello da resolución.

Prazo máximo de resolución: 3 meses dende a presentación do recurso.

  • Recurso de reposición:

Poderase interpoñer recurso de reposición contra calquera acto ou resolución que pon fin á vía administrativa

Prazo máximo de presentación: 1 mes dende que se inforara oficialmente polo Concello da resolución.

Prazo máximo de resolución: 1 mes dende a presentación do recurso.

Todos os recursos que se interpoñan no Concello deberán incorporar como mínimo a seguinte información:

  1.  Nome e apelidos do recorrente, así como a identificación persoal do mesmo
  2. O acto que se recorre e a razón da súa impugnación
  3. Lugar, data, firma do recorrente, identificación do medio e do lugar que se sinale a efectos de notificacións
  4. Órgano administrativo ao que se dirixe
  5. As demáis particularidades esixidas, no seu caso, polas disposicións específicas

O erro na calificación do recurso por parte do recurrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que poida deducirse o seu verdadeiro carácter.

Todas as resolucións que son comunicadas por parte do Concello aos interesados, incorporan no propio texto da resolución os prazos e as condicións para interpoñer recurso de reposición ou de alzada contra o acto administrativo comunicado.

Na seguinte ligazón pode descargarse o formulario tipo dispoñible no Concello para a presentación de recursos de alzada e reposición.


VER PDF Instancia para presentación de recursos administrativos

Nas seguintes ligazóns pode consultar as Leis que regulan os recursos de reposición e alzada no ámbito da Administración Local.

IR Á LIGAZÓN Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Artigos 107 e seguintes

IR Á LIGAZÓN Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Artigo 14